O Castro de Viladonga, que destaca na paisaxe da parte N.E. da Terra Chá lucense, empezouse a escavar en 1971 (ata 1978 por M.Chamoso Lamas; desde 1982 baixo a dirección de F.Arias Vilas) e continúan nel, de forma periódica, os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.

O xacemento é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste, con varias murallas e foxos, que albergan dous antecastros o aterrazamentos e unha ampla acrópolis ou croa central. Neste recinto principal é onde se atopan a maioría das construccións descubertas ata agora: vivendas, currais e almacéns, algún edificio de uso social ou comunal, etc., agrupadas todas elas formando conxuntos ou "barrios" que se artellan en torno a dúas ruas principais e unha ronda paralela á muralla principal.

As estructuras defensivas e de habitación, e os abundantísimos materiais que continuamente proporciona o xacemento (e que se expoñen de xeito selectivo no seu Museo monográfico), evidencian para o Castro de Viladonga un asentamento ou ocupación duradeira e importante sobre todo entre os.II e V d.C., facendo del un sitio clave para coñecer, estudiar e comprender a evolución do mundo dos castros na etapa galaico-romana.


ESTUDIOS DE ESTRUCTURAS
Barrio Norte: zona occidental
Barrio Norte: zona oriental    
Sector Barrio Central
Análise de dúas unidades habitacionais


EXCAVACIONES
1972-1975
1988-1998
2003
2006
2007