SALA III

CULTURA MATERIAL (2) E CRENZAS

Móstranse nela obxectos de vidro, adornos e apliques para persoas e cabalerías (fíbulas, broches, arreos diversos...), adovíos e xoias (como unha arracada ou un torques de ouro), moedas (de ouro, prata e, sobre todo, de bronce), xogos (como unhas tabula en pizarra, coas súas fichas), amuletos e outros materiais de feitura e uso moi diverso.

Esta Sala compleméntase cunha maqueta que reconstrúe un dos conxuntos de casas máis característicos do xacemento, así como cun panel que resume, en textos e deseños o que hoxe sabemos sobre a vida no Castro de Viladonga.