SALA II

CULTURA MATERIAL (1)

Esta Sala dedícase ós elementos da vida común e da cultura material no Castro de Viladonga (e por extensión, da Cultura Castrexa e Galaico-romana).

Expóñense e explícanse aquí, con toda clase de complementos textuais e gráficos, moitos útiles e ferramentas de pedra, bronce e ferro, materiais de uso doméstico como a abundantísima cerámica castrexa e romana (e dentro desta, a común, de cociña e de mesa, e a terra sigillata de orixe foránea), muíños manuais planos e circulares, armas (como un puñaliño de antenas en bronce, quizais votivo), e moitos outros obxectos e instrumentos de diverso material e diferente utilización. No centro desta Sala pode verse unha grande maqueta que reconstrúe o poboado castrexo de Viladonga no seu conxunto.