SALA I

HÁBITAT

Esta Sala mostra, en varias vitrinas e paneis informativos, aspectos relacionados co medio natural non que se insire o xacemento; informa sobre un posible nivel prerromano do Castro (moi localizado no tempo e no espacio), e explica a disposición e o tipo de defensas, a organización do poboado, os diversos tipos de construccións e os seus elementos.

Poden verse  obxectos como  quicieiras, pesas de colmo, tellas de barro (algunhas con pisadas de animais como cans) e incluso chaves. Todo esto, xunto cunha pequena maqueta volumétrica no centro da Sala, axuda a comprender a ocupación do espacio no Castro de Viladonga e todo o relacionado coas súas construccións.