SALA 0

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Nesta Sala resúmese a historia e o plan do Museo, así coma os traballos arqueolóxicos realizados no Castro desde 1971 ata o presente. Tamén pode atoparse nela información de carácter xeral sobre a Cultura Castrexa, a época Galaico- romana e sobre o contorno histórico-arqueolóxico do Castro de Viladonga.

Todo esto exponse en paneis con textos, mapas, debuxos e fotografías, que se acompañan coa exposición dalgúns materiais procedentes da comarca, coma unha Ara votiva a los Lares Viales (de Arcos, Pol).