M U S E O
ARQUEOLÓXICO
DO CASTRO DE
VILADONGA

PROGRAMA DE ACCIÓN DIDÁCTICA
Ensino Secundario

Ficha anterior Ficha nº 6 Ficha seguinte

   Compara este Plano do Castro coa maqueta da Sala II e sinala as partes que identifiques:

   - Croa.- Parte central ou "coroa" dentro das murallas do Castro, e á que se accede por unha ou varias entradas.
   - Murallas e Foxos.- Elementos defensivos que ás veces se alternan sucesivamente.
   - Antecastros ou Socastros.- Especie de terrazas ou zonas pechadas, articuladas coa croa e coas defensas do Castro.
   - Cova.- Entrada dunha galería subterránea artificial, quizais mineira ou para buscar auga.
   - Casas castrexas.- Construccións circulares ou arredondadas, e cadradas ou rectangulares.

Asociación de Amigos do Museo