M U S E O
ARQUEOLÓXICO
DO CASTRO DE
VILADONGA

PROGRAMA DE ACCIÓN DIDÁCTICA
BUP - BACHARELATO - F.P.

Ficha anterior Ficha nº 26 Ficha seguinte
 

PALABRAS CRUZADAS

 

 

1.- Aliaxe de metais moi usada antes do descubrimento do ferro
2.- Prendedor ou broche utilizado na antigüidade a xeito de "imperdible"
3.- Acrópole ou parte dun castro onde se atopa a maior parte das construccións
4.- Peza do fuso, de forma circular e cun burato no centro, feita de cerámica ou de pedra
5.- Muro grande que defende e delimita un castro
6.- Parte do traballo do arqueólogo que consiste no desenterramento metódico e sistemático de construccións e obxectos
7.- Sistema de defensa que se alterna ou complementa coas murallas dun castro
8.- Colar aberto e ríxido, de ouro ou doutros metais, usado polos castrexos
9.- Ciencia ou método que estudia as etapas da Historia por medio dos restos materiais (formas do terreo, construccións, útiles, etc.)
10.- "Terra .......................", termo latino que define unha cerámica romana de mesa de cor avermellada que aparece con relativa abundancia no Castro de Viladonga

Asociación de Amigos do Museo