NOTICIAS
1999

30/11/99

    Distribúense en Internet os Programas de Acción Didáctica do Museo arqueolóxico do Castro de Viladonga

Despois de dar a coñecer o Museo do Castro de Viladonga a través de Internet e de apostar fortemente en tarefas de divulgación arqueolóxica coa publicación electrónica e-Castrexo, a Asociación de Amigos quere utilizar os novos sistemas de comunicación para incentivar as visitas ó xacemento castrexo e ó propio Museo mediante a distribución, desde os contidos da súa páxina Web, dos Programas de Acción Didáctica do centro.

Con esta nova iniciativa da Asociación de Amigos preténdese ampliar o ámbito de difusión dun dos labores que xa ven desempeñando o Museo desde o curso 1989-90, cunha distribución da edición impresa en centros educativos de boa parte de Galicia e do Occidente asturiano.

Coa Unidade Informativa para o profesorado e as Fichas de traballo para o alumnado, que se facilitan a xeito de suxerencia, inténtase que os Centros Escolares (de Ensino Primario, Secundario ou de Bacherelato, por medio das súas áreas, departamentos ou seminarios correspondientes), programen e preparen previamente as visitas (que se poden concertar xa a través de Internet), adecuándose ó seu nivel escolar, poidendo tamén estender esta actividade educativa a traballos, enquisas, redaccións, debuxos, etc., feitos antes ou despois daquelas.

A finalidade destes Programas é axudar a complementar as ensinanzas recibidas nas aulas cun tipo de actividade didáctica de carácter práctico, como introducción á investigación histórica, en contacto directo neste caso cos materiais arqueolóxicos como fonte que son de coñecemento da Historia e, en concreto, da Cultura Castrexa e Galaico-romana. Diríxese, ademais, a facer coñecer ó alumno unha parte importante do Patrimonio Cultural de Galicia, co fin de que se poida valorar, protexer, entender e conservar como é obrigado moral e legalmente, e coadxuvar así a evitar a súa degradación ou desaparición.

A súa presentación foi realizada na Asamblea Xeral ordinaria que a Asociación de Amigos celebrou o pasado 27 de novembro, como unha máis das actividades levadas a cabo ó longo do ano 1999. Nela presentáronse os índices do número 9 do Boletín CROA, actualmente en imprenta. Asimesmo, a Asemblea acordou unanimemente apoiar a proposta para que a Muralla de Lugo sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Ó mesmo tempo, tratouse das contínuas ameazas e derramamentos que seguen causando determinadas obras no Patrimonio Arqueolóxico do medio rural (como, por exemplo, as accións de Concentración Parcelaria), ou do desastre ecolóxico e paisaxístico que se está producindo coa plantación desmedida e salvaxe de eucaliptos e coníferas en todo tipo de solos e altitudes, a costa do bosque autóctono e da necesaria biodiversidade, o cual afecta xa moi negativamente ó propio contorno natural e visual do Castro de Viladonga.


15/11/99

    Convócase Asemblea Xeral ordinaria desta Asociación, para o sábado 27 de novembro de 1999, ás 11'30 h. en primeira convocatoria e 12 h. en segunda e definitiva, a celebrar na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta da Asemblea anterior e aprobación, se procede.

    2.- Informe da Xunta Directiva sobre as actividades realizadas no último ano.

    3.- Estado de contas da Asociación

    4.- Programación de actividades para o ano 2000: propostas e suxerencias.

    5.- Altas e baixas de socios no último ano.

    6.- Comunicados, rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como xa é costume, despois da Asemblea terá lugar un xantar de confraternidade. Para poder organizarlo axeitadamente, és necesario que as persoas que desexen asistir o comuniquen, polo medio que crean máis oportuno, antes das 19 h. do martes 23 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)


1/7/99

    A Exposición ARQUEOLOXÍA LUCENSE DESDE O AIRE transformouse nun artigo de e-CASTREXO e xa pódese "visitar" íntegramente en Internet.

    Próximas citas coa Exposición ARQUEOLOXÍA LUCENSE DESDE O AIRE:

2-4 de xullo:     MOEXMO (Mostra de Exposiciones de Moimenta)

16 de xullo:       INSTITUTO DE RIBADEO

19 de xullo:      CASA DA CULTURA DE RIBADEO

5 de octubre:    MUSEO ARQUEOLÓXICO DE OURENSE


4/6/99

    Como actividade complementaria da Exposición ARQUEOLOXÍA LUCENSE DESDE O AIRE, que desde o 18 de maio e ata o 18 de xuño estará aberta na sala do Arquivo Histórico Provincial de Lugo (r./Cambria, s/n.), o Museo do Castro de Viladonga, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, organiza os seguintes actos (a celebrar no Salón de Actos do propio Arquivo):

Día 9 de xuño, 20 horas: Conferencia de D.MANUEL XUSTO RODRÍGUEZ (Doctor en Arqueoloxía, Museo de Ourense) sobre "A arqueoloxía aérea en Galicia. O caso do Castro de Lás (Ourense)", acompañada de diapositivas e seguida de coloquio.

Día 17 de xuño, 20 horas: Mesa Redonda sobre "Métodos de prospección en Arqueoloxía", moderada por Felipe Arias Vilas (director do Museo) e coa participación de GERARDO GIL FERNÁNDEZ (fotógrafo), FERMÍN PÉREZ LOSADA (profesor da Facultade de Humanidades de Ourense), e ANTONIO REIGOSA CARREIRAS (do Equipo de investigación Chaira).


13/5/99

    A Asociación colabora na exposición: "ARQUEOLOXÍA LUCENSE DESDE O AIRE", organizada polo Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, co motivo da celebración do Día Mundial dos Museos.

Lugar:    Sala de Exposicións do Arquivo Histórico Provincial de Lugo
               Rúa Cambria, s/n.
Data:     do martes 18 de Maio o vernes 18 de Xuño de 1999.
Horario
: de 9 a 21 h. de luns a vernes.


10/4/99

     Está aberto o prazo de recepción de traballos orixinais para publicar no número 9 de CROA (de 1999), ata o 30 de setembro de este ano, con temas históricos o de calquer aspecto do patrimonio cultural, referidos preferentemente á Terra Chá, provincia de Lugo e Galicia, por este orden.


6/3/99

      A Asamblea da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga nombrou a don Emilio Sinde Nieto, Socio y Presidente de Honra como reconocemento e agradecemento a súa importante e continua colaboración, non só coa Asociación senón tamén a favor deste Castro e Museo de Viladonga; ademáis da promoción que ven facendo constantemente de tódolos aspectos da cultura e do patrimonio do Concello de Castro de Rei y de súa comarca. Felicitándoo, entre outras cousas, pola súa activa participación na recuperación da memoria histórica e da obra de personaxes ilustres deste concello como Manuel Becerra ou Xosé Crecente Vega.


13/2/99

    Conforme ó adiantado na última Asemblea anual, convócase Asemblea Xeral extraordinaria da Asociación, para o sábado 6 de marzo de 1999, ás 12'30 h. en primeira convocatoria e 13 h. en segunda e definitiva, a celebrar na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Proposta e aprobación, se procede, do nomeamento de Don Emilio Sinde Nieto como Membro de Honra da Asociación.

    2.- Presentación e distribución entre os socios, do número 8 (1998) do Boletín CROA.

   N. B.: Despois da Asemblea, servirase un Viño de Honra no lugar que se indicará oportunamente.

Volver