NOTICIAS
1998

9/11/98

    Convócase Asemblea Xeral ordinaria desta Asociación, para o sábado 28 de novembro de 1998, ás 11'30 h. en primeira convocatoria e 12 h. en segunda e definitiva, a celebrar na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta da Asemblea anterior e aprobación, se procede.

    2.- Informe da Xunta Directiva sobre as actividades realizadas no último ano.

    3.- Estado de contas da Asociación

    4.- Programación de actividades para o ano 1999.

    5.- Altas e baixas de socios no último ano.

    6.- Rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como xa é costume, despois da Asemblea terá lugar un xantar de confraternidade. Para poder organizarlo axeitadamente, és necesario que as persoas que desexen asistir o comuniquen, polo medio que crean máis oportuno, antes das 19 h. do martes 24 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)


17/10/98

  NACE:

Publicación electrónica para a divulgación das
Culturas Castrexa e Galaico-romana


4/6/98

     Está aberto o prazo de recepción de traballos orixinais para publicar no número 8 de CROA (de 1998), ata o 30 de setembro de este ano, con temas históricos o de calquer aspecto do patrimonio cultural, referidos preferentemente á Terra Chá, provincia de Lugo e Galicia, por este orden.

     A Asociación de Amigos da Feira de Castro de Rei realizará a presentación da Ruta de senderismo entre o Castro de Viladonga e Castro de Rei o día 21 de xuño.


21/4/98

     A conferencia, seguida de coloquio, sobre "Os últimos traballos arqueolóxicos no Castro de Viladonga. Campaña de 1996", a cargo dos arqueólogos Luis López e Yolanda Álvarez (de Arqueos-Terra) e coa participación do Director do Museo, Felipe Arias, terá lugar na Sala de Cultura de Caixa Galicia (praza de Sta.María, de Lugo), o luns día 25 de maio, ás 20 horas. Este acto forma parte das actividades a realizar con motivo do Día Mundial dos Museos, que se celebra o 18 de maio.


20/4/98

    O Museo e a Asociación de Amigos colaborarán na promoción e difusión dunha Ruta de Sendeirismo entre o Castro de Viladonga e a capital do Concello de Castro de Rei, ruta que se está preparando por parte da Asociación de Veciños e Comerciantes, que quere promover e revitalizar esta vila e os seus numerosos recursos naturais, patrimoniais e turísticos. 


24/3/98

     A Asociación poñerá á venda en breve prazo, novos materiais de carácter divulgativo, para promover o coñecemento e a difusión do Castro de Viladonga, o seu Museo e algúns dos seus materiais máis senlleiros. Entre eles, ademais dunha serie de dez diapositivas do conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga e de lapiceiros impresos, cómpre destacar a edición de chaveiros co motivo de dun dos dous pasarrendas de bronce de época tardorromana aparecidos no Castro.

    Para conmemorar o Día Mundial dos Museos (18 de maio), o Museo e a Asociación teñen previsto organizar, entre outras actividades, unha conferencia con coloquio dedicada a expoñer os resultados da última campaña de escavacións realizada ata agora no castro (outono 1996), coa intervención dos arqueólogos Luis López e Yolanda Álvarez (de Arqueos-Terra) e do director do Museo Felipe Arias.

Volver