NOTICIAS
2006

02/12/2006

      Xa está na rúa o nº 16 do Boletín CROA, correspondente ao ano 2006. Este Boletín é o órgano de comunicación e información cultural da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, que patrocina a súa edición, ao tempo que serve tamén de revista de expresión científica e intercambio bibliográfico do propio Museo, que se encarga da súa preparación e realización material.



06/11/2006

      Como cada novembro cómprenos convocar a Asemblea Xeral Ordinaria desta Asociación, que se celebrará  o sábado 25 de novembro de 2006, ás 12 h. en primeira convocatoria e 12:30 h. en segunda e definitiva, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta anterior e aprobación, se procede.

    2.- Memoria de actividades da Asociación no último ano. Inclúense neste punto:

         - Proxección do vídeo (8 minutos) sobre as escavacións de 2006 no Castro.

         - Presentación da maqueta do Boletín CROA nº 16 - 2006.

    3.- Propostas, - abertas -, de actividades para o ano 2007.

    4.- Informe da Dirección do Museo.

    5.- Altas e baixas de socios/as.

    6.- Comunicados, rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como é habitual, o mesmo día 25 teremos un xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo, polo medio que estimen máis oportuno, antes das 19 horas do domingo 19 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)



15/05/2006

      O vindeiro sábado, 20 de maio, as 19:30 horas comenzará a celebración no Museo do Castro de Viladonga da Noite dos Museos, con motivo da festividade do Día Internacional dos Museos.

Actuará o Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido por Juan Carlos Zahera e o dúo de corda lira.

Farase unha visita nocturna ao Castro e ofrecerase un viño a todos os asistentes.



05/04/2006

      Mañá xoves, 6 de abril, as 19,30 h. presentarase no Museo do Castro de Viladonga a exposición A TERRA SIGILLATA DO CHAO SAMARTÍN, coa presenza do Director Xeral de Patrimonio e do Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

A exposición, coordinada polos Museos Arqueológicos de Gijón, presenta unha mostra importante de cerámicas de verniz vermello, denominadas terra sigillata, consideradas como vaixela de mesa de luxo en época romana, procedentes do xacemento asturiano Chao de Samartín, próximo a Grandas de Salime e polo tanto veciño da Fonsagrada.

O interese do Museo de Viladonga nesta exposición estriba na similitude da colección que se presenta con algunhas das pezas atopadas nas escavacións do Castro de Viladonga, así como na abundante información que aportan os paneis explicativos que a acompañan.

A presenza desta exposición no Museo do Castro de Viladonga é posible grazas á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

[máis información]



20/01/2006

      Xa está na rúa o nº 15 do Boletín CROA, correspondente ao ano 2005. Este Boletín é o órgano de comunicación e información cultural da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, que patrocina a súa edición, ao tempo que serve tamén de revista de expresión científica e intercambio bibliográfico do propio Museo, que se encarga da súa preparación e realización material.

Como de costume, a revista distribuirase ós asociados no Museo do Castro de Viladonga e na mesma Galería Sargadelos. Aos que non residan nos concellos de Lugo ou de Castro de Rei, seralles remitida por correo postal ordinario.



Volver