NOTICIAS
2005

05/11/2005

      Como cada novembro cómprenos convocar a Asemblea Xeral Ordinaria desta Asociación, que se celebrará  o sábado 26 de novembro de 2005, ás 12 h. en primeira convocatoria e 12:30 h. en segunda e definitiva, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta anterior e aprobación, se procede.

    2.- Informe da Xunta Directiva sobre as actividades realizadas no último ano.

    3.- Estado de contas.

    4.- Programa de actividades para o ano 2006: propostas e suxestións.

    5.- Altas e baixas de socios/as no último ano.

    6.- Comunicados, rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como é habitual, o mesmo día 26 teremos un xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo, polo medio que estimen máis oportuno, antes das 19 horas do domingo 20 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)



14/09/2005

      Tal como estaba previsto, desde o día 6 de setembro veuse desenvolvendo no Castro de Viladonga a habitual campaña de limpeza e consolidación deste xacemento castrexo e galaico-romano. Ademais do rozado completo das áreas escavadas e das murallas e foxos principais, foi necesario acometer, en distintos graos de intervención, unha serie de labores de consolidación sobre algunhas estruturas que se achaban en fráxil estado debido á mala calidade da pedra pizarrosa na que foron construídas orixinariamente.

Ó igual que outros anos, estes traballos non impediron en ningún momento as visitas ó conxunto arqueolóxico e museístico, que no presente ano incrementaron o seu número, sobre todo nos meses de xullo e agosto.


02/05/2005

      O Museo do Castro de Viladonga, ó igual que en anos anteriores, está incluído no programa da Dirección dos Museos de Francia, este ano co lema "A noite dos museos", que se celebrará o sábado 14 de maio e que, asimesmo, servirá para conmemorar outras dúas efemérides: o Día das Letras Galegas (martes 17 de maio) e o Día Internacional dos Museos, establecido o 18 de maio polo ICOM, nesta ocasión co lema "Os museos, pontes entre culturas".

Con esta triple referencia, este Museo, xunto coa súa Asociación de Amigos, organiza un programa de actos culturais e lúdicos que comezarán ás 20 h. do sábado 14 de maio e que rematarán cunha visita nocturna ó Castro de Viladonga.

O programa previsto, que é aberto a todo o público, é o seguinte:


18/04/2005

      A exposición "Do xacemento ó museo. O proceso de recuperación patrimonial no Castro de Viladonga", estará exposta na sala de exposicións do Parque Arqueolóxico e Natural da Campa de Torres (Xixón) desde o 19 de abril ata o 19 de xuño de 2005, complementándose con materiais e útiles de traballo do propio xacemento asturiano.


15/04/2005

      O sábado 14 de maio terá lugar no Castro de Viladonga a celebración de "A Noite dos Museos", para conmemorar (por adiantado) o Día internacional dos Museos de 2005, cuns actos culturais e lúdicos que comezarán ás 20 h. e que rematarán cunha visita nocturna ó xacemento.


04/04/2005

      Logo da Asemblea Extraordinaria do pasado 2 de abril, a nova Xunta Directiva da Asociación quedou composta por:

Aproveitamos a ocasión para poñernos á disposición de todos/as e pedirvos as vosas suxerencias que, de seguro, redundarán nun maior e mellor desenvolvemento das actividades que pretendemos realizar.


09/02/2005

      O próximo venres 11 de febreiro ás 20 h., na Galería Sargadelos de Lugo, presentarase o nº 14 do Boletín CROA, correspondente ó ano 2004. Este Boletín é o órgano de comunicación e información cultural da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, que patrocina a súa edición, ó tempo que serve tamén de revista de expresión científica e intercambio bibliográfico do propio Museo, que se encarga da súa preparación e realización material.

Na presentación, que será aberta ó público, intervirán o Presidente da Asociación, Julio Reboredo Pazos, un dos autores que colaboran neste número 14, José Manuel Blanco Prado, e o Director do Museo, Felipe Arias Vilas.

Como de costume, a revista distribuirase ós asociados no Museo do Castro de Viladonga e na mesma Galería Sargadelos. Ós que non residan nos concellos de Lugo ou de Castro de Rei, seralles remitida por correo postal ordinario.

      Na próxima primavera correspóndelle cesar á actual Xunta Directiva da Asociación, polo que se agarda a presentación de candidaturas, individuais ou conxuntas; en breve prazo remitirase a convocatoria formal para a oportuna Asemblea Extraordinaria, que terá lugar, previsiblemente, o sábado 2 de abril.


Volver