NOTICIAS
2004

05/11/2004

      Convócase Asemblea Xeral Ordinaria desta Asociación, que se celebrará  o sábado 27 de novembro de 2004, ás 12 h. en primeira convocatoria e 12:30 h. en segunda e definitiva, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta anterior e aprobación, se procede.

    2.- Informe da Xunta Directiva sobre as actividades realizadas no último ano.

    3.- Estado de contas e proxecto de presuposto para o ano 2005.

    4.- Programa de actividades para o ano 2005: propostas e suxestións.

    5.- Altas e baixas de socios/as no último ano.

    6.- Comunicados, rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como é habitual, o mesmo día 27 teremos un xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo, polo medio que estimen máis oportuno, antes das 19 horas do domingo 21 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)



05/10/2004

      O próximo xoves 7 de outubro ás 19 h. terá lugar a inauguración e apertura ó público da Exposición temporal Do xacemento ó museo. O proceso de recuperación patrimonial no Castro de Viladonga.

Esta exposición quere explicar de xeito sinxelo, didáctico e atractivo as distintas fases polas que pasa o patrimonio arqueolóxico desde que se descobre e se estudia cientificamente ata que se exhibe ou se garda no museo para cumprir unha función social, cultural e educativa. A mostra permanecerá aberta no Museo do Castro de Viladonga durante o último trimestre de 2004 e no seu horario habitual de visita (nesta época do ano, todos os días de 10 a 19 h.).

Como outras exposicións temporais deste Museo, ten carácter itinerante, e posteriormente poderá ser cedida a outras entidades, acompañada da guía de man que a acompaña.



Folleto e tapas
Cartel A3




20/09/2004

      O próximo xoves 23 de setembro ás 20 h. na Galería Sargadelos de Lugo (praza de Sto. Domingo), terá lugar a presentación, aberta ó público, do libro que abre a serie ‘Estudos de Museos’ co título Catálogo das Fíbulas galaico-romanas do Castro de Viladonga.

Na presentación da publicación, editada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, intervirán José Manuel Caamaño Gesto, profesor de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Felipe Arias Vilas, director do Museo do Castro de Viladonga, e Manuel Lage Pillado, autor da obra.



01/05/2004

      O Museo do Castro de Viladonga é un dos centros das 22 cidades e localidades españolas que participan no programa do Ministerio de Cultura de Francia "Le printemps des musées" (A primavera dos museos), que se concentra no domingo 2 de maio e que se difunde a través de Internet (http://printempsdesmusees.culture.fr), onde este Museo aparece representado pola súa publicación didáctica "Un día no Castro de Viladonga" incluída no sitio web que patrocina a Asociación de Amigos deste conxunto patrimonial.

      Por outro lado, os mesmos Museo e Asociación, e nalgún caso en colaboración co Clube Cultural Valle-Inclán, participarán nas actividades previstas para conmemorar as Letras Galegas e o Día internacional dos Museos (18 de maio) de 2004 (dedicado este ano ó Patrimonio inmaterial), que son as seguintes:

- Venres 7 de maio, ás 20 h. na Galería Sargadelos de Lugo (entrada pública): En colaboración co Clube Cultural Valle-Inclán de Lugo, organizacíón dunha Mesa Redonda sobre "Xaquín Lorenzo, o home, o arqueólogo e o etnógrafo", coa participación de Felipe Arias Vilas, Francisco Fariña Busto e Francisco Calo Lourido.

- Martes 18 de maio, no Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), con entrada pública (de 10 a 20 h.):

* Durante todo o día, distribución do folleto (publicación non venal) titulado Os Museos e o Patrimonio inmaterial: O Castro de Viladonga.

* Xornada de portas abertas para o público, incluso para ver (de xeito guiado) os servicios internos do Museo.

* Xornada de confraternización coa Asociación de Amigos do Museo, que rematará ás 19'30 h. cunha Asemblea xeral extraordinaria de socios para aprobar os novos Estatutos

Setembro (nun domingo aínda por determinar): En colaboración co Clube Cultural Valle-Inclán de Lugo e coa Asociación de Amigos do Museo, viaxe cultural ás terras ourensás de Xaquín Lorenzo: Bande, Lobeira (Facós e Santuario do Viso), Entrimo, etc.


10/02/2004

      A Exposición Arqueoloxía lucense desde o aire está en el Colexio Fingoi, de Lugo, dudurante o mes de febreiro, e en marzo irá ó Instituto de E.S. de A Fonsagrada. Durante este tempo, polo menos, estará exposta no Museo, como complemento da exposición permanente, a mostra titulada "Os traballos artesanais no Castro de Viladonga", con 8 paneis e 5 vitrinas que conteñen material que habitualmente está nas salas de reserva ou almacén.


Volver