NOTICIAS
2002

12/11/2002

      O Museo do Castro de Viladonga participa no II Encontro "Itinerários do Património" que se celebra do 14 ó 16 de novembro en Povoa de Lanhoso (Portugal), coa comunicación:

  • O Castro de Viladonga, investigación arqueolóxica e patrimonio cultural
    Felipe Arias Vilas. Director do Museo do Castro de Viladonga.


10/11/2002

      A exposición "Os traballos artesanaies no Castro de Viladonga" permanecerá ata o 30 de novembro no Instituto de Estudios Bercianos, Ponferrada ("Casa de la Cultura").


08/11/2002

      Convócase Asemblea Xeral Ordinaria desta Asociación, que se celebrará  o sábado 30 de novembro de 2002, ás 11'30 h. en primeira convocatoria e 12 h. en segunda e definitiva, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta anterior e aprobación, se procede.

    2.- Informe da Xunta Directiva sobre as actividades realizadas no último ano.

    3.- Estado de contas e proxecto de presuposto para o ano 2003.

    4.- Programa de actividades para o ano 2003: propostas e suxerencias.

    5.- Altas e baixas de socios no último ano..

    6.- Presentación e distribución do nº 12 do Boletín CROA..

    7.- Comunicados, rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como é habitual, despois da Asemblea terá lugar un xantar de irmandade. Para poder organizarlo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo polo medio que estimen máis oportuno, antes das 19 h. do domingo 23 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)


18/10/2002

     A Fundación Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos organizan para os días 25 e 26 de outubro o II Congreso Cultural da Terra Chá.

PROGRAMA

Día 25 de outubro.
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. 18:00 horas

Día 26 de outubro
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. 12:00 horas

Museo do Castro de Viladonga. 17:00 horas


10/10/2002

     Desde o 1 de outubroe ata o 1 de decembro pódese visitar no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid) a exposición temporal: "Torques: beleza e poder".

Cartel da exposición Torques: beleza e poder Nesta exposición pretendemos mostrar e dar a coñecer todos estes aspectos dun objeto que, exposto repetidamente nas vitrinas dos museos, intriga ó público visitante po la súa forma, a súa beleza ou a súa riqueza, e que se pregunta: ¿qué é un torques e para que serve?

Ó ciclo de conferencias divulgativas "España arqueolóxica, unha proposta de viaxe", que adoita acompañar as últimas exposicións temporais, foi convidado D. Felipe Arias Vilas, director do Museo do Castro de Viladonga, para falar sobre este xacemento castrexo e galaico-romano.


CICLO DE CONFERENCIAS

Outubro :
10 - A Península Ibérica na Idade do Ferro: os pobos prerromanos
Dna. Teresa Chapa (Universidade Complutense de Madrid)
24 - O Castro de Viladonga (Lugo)
D. Felipe Arias (Museo Monográfico do Castro de Viladonga)

Novembro :
7 - O tesouro de Arrabalde (Zamora)
Dna. Rosario García (Museo de Zamora)
Dna. Hortensia Larrén (Comunidade Autónoma de Castela e León )
21Torques: beleza e poder
Dna. Magdalena Barril (Museo Arqueolóxico Nacional)

Sala de Conferencias do MAN. Hora 18:30. Entrada libre e gratuita.

Torques do Castro de Viladonga

26/9/2002

     Os días 4, 5 e 6 de outubro terán lugar en Cacabelos as "Jornadas sobre Castro Ventosa".

Castro Ventosa é o xacemento arqueolóxico máis significativo do Bierzo polas súas dimensións e ubicación no centro da comarca, así como por ser asento da cidade de Bergidum.

Estas Xornadas queren ser unha posta en común dos numerosos traballos interdisciplinares realizados nestes últimos anos, co obxectivo de confirmar a importancia histórica de Castro Ventosa, chamar a atención da Administración e contribuir á súa posta en valor.


25/9/2002

    

O Museo do Castro de Viladonga estará representado na exposición:

Museos de Galicia
A memoria dun pobo

A inauguración terá lugar o 26 de setembro de 2002, ás 13:30 horas no Museo do Pobo Galego

 


15/5/2002

     No Museo do Castro de Viladonga inaugúrase o próximo día 18 de maio ás 19 horas a Exposición "MENCIÑA VERMELLA", obra de Bernardo Tejeda,  coa que se celebra o "Día Internacional dos Museos".


02/04/2002

   O equipo educativo de Portaldidactico.com, después de analizar a calidade de contido e deseño da nosa páxina web, ten decidido otorgar o premio portaldidactico.com á educación e ó ensino.

Premio ó labor didáctico e educativo.


05/03/2002

   A Exposición temporal "Arqueoloxía lucense desde o aire", estivo ata esta semana no Museo Municipal de Ponteareas, e de aquí pasará ó Centro Cultural municipal de Porriño, en principio, todo o mes de marzo.

   Lémbrase a tod@s @s soci@s e persoas interesadas que ata o 30 de setembro está aberto o prazo para a recepción de orixinais a publicar no número 12 de CROA, correspondente ó presente ano 2002.  


24/01/2002

      A "Biblioteca de Historia" seleccionou a web e-Castrexo como un dos millores sitios de temática histórica en lingua hispana.

Esta web ha sido recomendada por la Biblioteca de Historia, un portal dedicado a la didáctica y la investigación, alojado en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, la más importante de las lenguas hispanasEsta web ha sido recomendada por la Biblioteca de Historia, un portal dedicado a la didáctica y la investigación, alojado en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, la más importante de las lenguas hispanasEsta web ha sido recomendada por la Biblioteca de Historia, un portal dedicado a la didáctica y la investigación, alojado en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, la más importante de las lenguas hispanas

Voltar