NOTICIAS
2000

27/11/2000

     Comunícanos desde a UNESCO a inclusión da nosa web no CD-ROM Guía dos recursos culturais en Internet, adxunto ó Informe Mundial sobre a Cultura de 2000:

Máis información: http://www.unesco.org/culture/worldreport/html_sp/indexs.htm


8/11/2000

     O venres 10 de novembro as 20 h inaugurase a Exposición Arqueoloxía lucense desde o aire no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña (Castelo de San Antón) con unha conferencia-presentación de Felipe Arias Vilas, director do Museo do Castro de Viladonga. Permanecerá exposta ata  o 10 de decembro.


18/10/2000

    Convócase Asemblea Xeral Ordinaria desta Asociación, que se celebrará  o sábado 18 de novembro de 2000, ás 12 h. en primeira convocatoria e 12'30 h. en segunda e definitiva, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, coa seguinte ORDE DO DÍA:

    1.- Lectura da Acta da Asemblea anterior e aprobación, se procede.

    2.- Informe da Xunta Directiva sobre as actividades realizadas no último ano.

    3.- Estado de contas e proxecto de presuposto para o ano 2001

    4.- Programa de actividades para o ano 2001: propostas e suxerencias.

    5.- Altas e baixas de socios no último ano.

    6.- Comunicados, rogos e preguntas.

NOTA IMPORTANTE: Como xa é costume, despois da Asemblea terá lugar un xantar de irmandade. Para poder organizarlo axeitadamente, cómpre que as persoas que desexen asistir o comuniquen, polo medio que estimen máis oportuno, antes das 19 h. do martes 14 de novembro (teléfono 982-314-255; fax 982-314-194; e-mail)


17/10/2000

     II aniversario de e-Castrexo

Tal día coma hoxe aló polo ano 98 (case o século pasado) animámonos a ampliar a nosa oferta de difusión e divulgación arqueolóxica coa edición da publicación electrónica e-Castrexo. Aproveitamos esta data para incluir unha significativa ampliación dos contidos ofrecidos, coa inclusión dun catálogo das ilustracións que, ó longo destes dous anos, se foron incorporando na revista. Esta catalogación ofrécese só coa idea de facilitar o acceso á información visual que acompaña ós distintos artigos, cunha ordenación vencellada á existencia ou non da mesma.


11/10/2000

     Hoxe inaugurase a Exposición Arqueoloxía lucense desde o aire no Instituto de Ensino Secundario de Monterroso.

A Presentará Felipe Arias Vilas, director do Museo do Castro de Viladonga, e permanecerá exposta ata  o 31 de outubro.


07/7/2000

    

II Folión Castrexo

Celanova, 29 de xullo de 2000


07/7/2000

     Exposición:

Arqueoloxía lucense desde o aire

Museo do Pobo Galego: do 25 de xuño a 31 de xullo

Outras datas (previstas):

Instituto de Ensino Secundario de Monterroso: Outubro

Museo Arqueolóxico de San Antón (A Coruña): Decembro


15/5/2000

     No Museo do Castro de Viladonga inaugúrase o próximo día 18 de maio as 19 horas a Exposición "Os traballos artesanais no Castro de Viladonga" coa que se celebra o "Día Internacional dos Museos.

A entrada á Exposición (e ó Museo mentres dure esta) é gratuita, así como a guía de man desta mostra temporal.

A Asociación de Amigos quere colaborar con esta actividade adaptando a guía de man ó formato de artigo de e-Castrexo.


22/4/2000

     Está aberto o prazo de recepción de traballos orixinais para publicar no número 10 de CROA (de 2000), ata o 30 de setembro de este ano, con temas históricos o de calquer aspecto do patrimonio cultural, referidos preferentemente á Terra Chá, provincia de Lugo e Galicia, por este orden.


6/2/2000

     CIVES (directorio temático incluido na web do Ministerio de Administración Pública, no que se mostran enlaces ós distintos organismos que ofrecen servicios públicos de interese para os cidadáns) incorporou a nosa web no apartado de Cultura e Sociedade.

                O feito de que o noso labor sexa considerado de utilidade para os cidadáns, é un dos mellores recoñecementos que podemos recibir desde que nos plantexamos uns obxetivos de actuación nesta Asociación de Amigos.

Centro de
Información
Virtu@l de
ESpaña


2/2/2000

     O Museo do Castro de Viladonga e a súa Asociación de Amigos presentarán ós medios de comunicación e ó público en xeral, o número 9 (do ano 1999) do Boletín CROA, que constitúe o seu órgano de expresión científica e de difusión cultural.

O acto terá lugar o próximo venres día 4 de febreiro ás 20 h. na Galería Sargadelos (Praza de Sto. Domingo) de Lugo.

Volver