EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
Museo do Castro de Viladonga
También en español

 

O Museo do Castro de Viladonga elabora periódicamente exposicións temporais sobre temas relacionados co ámbito do Museo e do seu xacemento anexo, ou sobre cuestións relativas ó Patrimonio Cultural, maiormente de Lugo e da súa Terra Chá.

En xeral, estas exposicións concíbense como itinerantes, é dicir, non son excesivamente grandes nin costosas de trasladar e instalar, e polo tanto ofrécense a outros museos, institucións, centros de ensino, asociacións ou entidades culturais e/ou científicas, etc., que só teñen que encargarse do transporte (e da póliza do seguro se a exposición conleva o traslado de pezas ou bens culturais), desde o sitio onde estea a exposición (Viladonga ou calquera outro) ata o lugar onde se quere instalar.

 

EXPOSICIÓNS DISPOÑIBLES NESTE MOMENTO
 

DO XACEMENTO Ó MUSEO
O PROCESO DE RECUPERACIÓN PATRIMONIAL NO CASTRO DE VILADONGA (producida en 2004)

- Informa (con textos, fotografías e debuxos) sobre as diversas fases de traballo que se realizan no Castro e no Museo.

Consta de 12 módulos que se converten en paneis autoportantes, cunha bandeirola extensible de 0'90 m. de ancho e 2'15 m. de alto, moi lixeiros e transportables, así como dunha vitrina exenta de 85 cm. de alto e 40 cm. de lado, para expoñer unha peza arqueolóxica e varios útiles de traballo arqueolóxico e museístico.

Precísanse uns 20 m. lineais para expoñela, pero poden reducirse facendo composicións cos paneis ou eliminando a vitrina.

[máis información]




OS TRABALLOS ARTESANAIS NO CASTRO DE VILADONGA (producida en 2000)

- Ilustra, de xeito resumido, sobre as actividades e oficios documentados no xacemento.

Consta de 9 paneis de madeira cos seus soportes prismáticos, de 1'30 m. de ancho (co pé) e 2 m. de alto, así como de 7 vitrinas de dimensións similares e 60 cm. de fondo. As vitrinas, de madeira e cristal, están pensadas para expoñer entre 30 e 40 pezas dos fondos de reserva do Museo que ilustran o tema da exposición, pero tamén é factible facer esta soamente cos paneis informativos.

Para instalala completa precísanse uns 25 m. lineais, que poden reducirse facendo composicións conxuntas cos paneis ou eliminando algunha vitrina.

[máis información]




ARQUEOLOXÍA LUCENSE DESDE O AIRE (producida en 1998)

- Ilustra sobre o valor da fotografía aérea en arqueoloxía, con vistas aéreas e textos sobre xacementos lucenses (maiormente castrexos e galaico-romanos).

Consta de 28 paneis de madeira autoportantes, de 1'10 m. de ancho e 2'10 m. de alto.

Precísanse uns 35 m. lineais para expoñela pero poden reducirse facendo composicións diversas cos paneis ou eliminando algúns destes.

[máis información]




Para solicitar calquera destas exposicións temporais, hai que poñerse en contacto co Museo, que informará da situación e dispoñibilidade de cada exposición e, se é o caso, do calendario previsto para a súa itinerancia.

MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

27259 - Castro de Rei (Lugo)
Telf. 982-314255
Fax. 982-314194

museo@aaviladonga.es - museo.viladonga@xunta.es

 

OUTRAS EXPOSICIÓNS EXHIBIDAS NO MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

 

A TERRA SIGILLATA DO CHAO SAMARTÍN (2006)

Coordinada polos Museos Arqueológicos de Gijón, a exposición pretende amosar, de xeito didáctico pero sen renunciar a formulacións científicas, a importancia que tivo a romanización neste área do Imperio a través deste conxunto cerámico.

[máis información]

 


 

ARQUEOLOXÍA, LEXISLACIÓN E SOCIEDADE
O ACHADO DE DOUS TORQUES EN VILAR DO MONTE (SARRIA)
(2005)

Producida polo Museo do Castro de Viladonga con motivo da exposición ó público do recente hachado de dous torques que provisionalmente atópanse depositados neste museo.

 


 

MUSEOS DE GALICIA
A MEMORIA DUN POBO
(2003)

Producida polo Consello Galego de Museos, consta de 49 paneis que conteñen información escrita e gráfica sobre os 29 museos integrados neste Consello

 


 

ANTONIO GARCÍA Y BELLIDO E A ARQUEOLOXÍA DO NOROESTE PENINSULAR (2003)

Producida polo Museo de León, contén piezas deste mesmo centro, do Museo Arqueolóxico de Asturias e da Aula Arqueolóxica de Campa Torres.

[máis información]

 


 

MENCIÑA VERMELLA (2002)

Exposición-instalación de arte minimalista de Bernardo Tejeda, na que ponse en contraposición os materiais arqueolóxicos coas novísimas tendencias plásticas.

Voltar