EXCURSIÓNS

   Primaveira 2005

Unha das "asignaturas pendentes" da nosa Asociación como colectivo é facer o percorrido da Ruta de sendeirismo do Azúmara, entre o Castro de Viladonga e Castro de Rei, e aproveitaremos que o vindeiro domingo 1 de maio o Clube Cultural Valle-Inclán de Lugo, co que xa sabedes que mantemos unha estreita colaboración, organiza esta actividade, para convidarvos a participar nela. Quen queira xuntarse ó grupo do Valle-Inclán que sairá de Lugo en autobús, de diante do Seminario ás 10 h. da mañá, deberá avisar, antes do mércores 27 de abril a Belén (Almacenes Alborada, Praza Maior de Lugo, telf. 982-229627), ou se prefires sair directamente ó Castro de Viladonga, o inicio da Ruta será aí polas 10'30 h., pero cómpre avisar tamén por mor de reservar o xantar xa que ó remate da andaina de nove kilómetros, os participantes poderán repoñer forzas nos postos de pulpo e churrasco instalados no campo da feira de Castro de Rei.

Programa de viaxes do C.C. Valle-Inclán para o 2º trimestre de 2005, coas condicións para a inscrición por se queredes sumarvos a algunha/s delas.

   Tamén vos adiantamos que para o domingo 24 de xullo faremos esta mesma Ruta, pero con outras actividades complementarias que no seu día se comunicarán, dentro dos actos programados con motivo da VI Festa Balura de Castro de Rei.

 

   Primaveira 2004

 

Ós consocios:

Temos programada unha viaxe que terá lugar os días 30 de abril e 1 e 2 de maio co seguinte programa previsto:

 

Venres 30 de abril: Saída de Lugo, ás 16'30 h., para durmir en Zamora.

Sábado 1 de maio: Pola mañá, visita a Zamora: Museo Provincial, Catedral, Murallas, igrexa da Magdalena, etc. Posible xantar (por libre) en Benavente.

Pola tarde, "Ruta arqueológica de los valles de Zamora": La Polvorosa (castros...), Rosinos de Vidriales (campamento romano escavado e reconstruído...), Granucillo (dólmenes...), Sta. Marta de Tera (románico)... Regreso a durmir en Zamora.

Domingo 2 de maio: Pola mañá, saída para o Lago de Sanabria (elementos etnográficos, reserva natural, mosteiro de S. Martín de Castañeda...), con xantar (libre) e visita a Puebla de Sanabria (conxunto histórico, igrexas, castelo...), e volta a Lugo para chegar arredor das 22 h.

Os interesados en participar deben comunicalo á Asociación polos medios habituais (no Museo, telf. 982-314255, fax 982-314194, ou correo electrónico, antes das 20 h. do venres día 2 de abril.

 

   Ós consocios: Para a vindeira e apetecible "ponte" laboral de Santos, pensamos en facer unha viaxe por terras da Meseta Norte, e facemos a convocatoria con tempo abondo para evitar que haxa problemas de hotel, agardando que a proposta sexa do voso interese.

Outono 2002

Venres 1 novembro: Vila e castelo de Valencia de Don Juan - igrexas mudéxares de Sahagún - vilas romanas de La Olmeda e Quintanilla de la Cueza - Palencia.

Sábado 2 novembro: Palencia (catedral e museo provincial) - conxuntos románicos de Carrión de los Condes e S. Martín de Frómista - igrexa prerrománica de S. Juan de Baños de Cerrato - Palencia.

Domingo 3 novembro: Palencia - conxunto histórico-artístico e etnográfico de Medina de Rioseco - igrexa prerrománica de S. Cebrián de Mazote - vila amurallada de Urueña - Lugo.

 

Precisamos saber o número de persoas interesadas en participar nesta viaxe antes do día 1 de outubro, comunicándoo ó Museo por calquera medio (en persoa, por teléfono, fax, ou correo electrónico).

Cun saúdo, pola Xunta Directiva,

Mª Luz Paramio Gutiérrez (Secretaria da Asociación)

Tlf.: 982-314255 - Fax: 981-314194 - Correo electrónico

 

   Ós consocios: Sabede que estamos preparando unha excursión ás veciñas terras do Bierzo, para o que contaremos coa colaboración do Museo de Cacabelos. Terá lugar a viaxe o vindeiro 20 de abril de 2002, sábado e, a reservas de como nos poida orientar a nosa consocia Inés Díaz Álvarez, do dito museo berciano, a nosa intención é visitar, polo menos, o Castro Ventosa, o mosteiro de Carracedo e todo o conxunto histórico e etnográfico de Cacabelos.

Para contratar o medio de transporte e encargar o avituallamento, resulta imprescindible que vos poñades en contacto con nós (por teléfono ou por correo electrónico) antes das 20 h. do día 14 de abril (aniversario da II República).

Na confianza de que o interese da viaxe se vexa refrendado por unha nutrida asistencia, quedamos ó voso dispoñer,

Pola Xunta Directiva,

Julio R. Reboredo Pazos
Presidente da Asociación

Tlf.: 982-314255 - Fax: 981-314194 - Correo electrónico

 

    O pasado día 28 de setiembre inaugurouse no Museo de Ávila a exposición temporal Celtas y Vettones, na que figuran dúas pezas do Castro de Viladonga. Ó interese que tal exposición sabemos que espertará en vós, súmase o da propia cidade de Ávila, razóns ambas suficientemente poderosas como para que esteamos intentando organizar unha excursión cultural a ditas terras castelás. Así, pretendemos sair cara aquela cidade o día 2 de novembro, venres, pola tarde e estar de regreso en Lugo o día 4, domingo.

Tod@s aquel@s  soci@s que esteades interesad@s en viaxar coa Asociación, debedes comunicalo antes das 20 h. do día 12 de outubro polo medio que vos resulte mais cómodo dos que abaixo se indican. Sen dúbida, é pouco o tempo que vos deixamos para tomar tal decisión, pero as datas para a viaxe son comprometidas por canto é unha “ponte” na que pode haber problemas coas prazas hoteleiras. Como é costume, está previsto que a Asociación colabore dalguna maneira nos gastos da viaxe.

Tlf.: 982-314255 - Fax: 981-314194 - Correo electrónico

 

    A Asociación quere retomar o proxecto de realizar unha viaxe cultural polo Norte de Portugal, propoñendo para ela as datas do 30 - 31 de outubro e 1 de novembro de 1999, e co seguinte programa provisional:

Sábado 30.- Lugo - Tui/Valença - Braga (comida, visita e noite)

Domingo 31.- Citania de Briteiros - Guimarâes (comida) - Citania de Sanfins - Amarante ou Vila Real (noite nun destes dous sitios)

Luns 1.- Vila Real - Santuario rupestre de Panoias - Balneario de Vidago - Chaves (visita e comida) - Regreso a Lugo por Verín e Ourense

De ser factible a realización desta actividade, na que está previsto que polo menos unha parte dos custes do transporte corran por conta da Asociación, máis adiante se pasará a información e os detalles concretos da viaxe ós socios interesados.

 

busp.gif (629 bytes)     A Xunta Directiva desta Asociación ten previsto organizar unha VIAXE CULTURAL por diversos lugares da Meseta Norte, os días 15, 16 y 17 de maio de 1999, segundo a seguinte programa provisional:

Sábado 15.- Saída de Lugo para comer en SEGOVIA: visita ó acueducto, conxunto histórico, catedral, igrexas de S. Esteban e S. Martín, Alcázar, etc. Aloxamento en Segovia.

Domingo 16.- De segovia á cidade celtibérica e romana de TIERMES (Soria) e ó seu Museo monográfico. Comida en Tiermes, Gormaz ou sitio cercano. Desvío ata a igrexa prerrománica de S. BAUDILIO de BERLANGA. Cea e aloxamento en Aranda de Duero.

Acueducto de Segovia

Teatro de Clunia

Luns 17.- Visita a Peñafiel e ás ruinas de CLUNIA. Comida en VALLADOLID e visita a esta cidade: igrexas de S. Gregorio, S. Pablo (e Museo Nacional de Escultura ou outros que estivesen abertos...), Universidade, etc. Regreso a Lugo parando en ASTORGA para ver, se houbese tempo, os restos romanos musealizados.

As personas interesadas en participar nesta viaxe deberán comunicalo por calquera medio antes das 20 horas do domingo 25 de abril (telf. 982-314-25; fax 982-314-194; e-mail).

De ser factible a realización desta actividade, na que está previsto que polo menos unha parte dos custes do transporte corran por conta da Asociación, máis adiante se pasará a información e os detalles concretos da viaxe ós socios interesados.

 

     A Asociación organiza para o sábado 17 de octubre de 1998 ás 15:30 h. (para durmir en Tui) e regreso o domingo 18 ás 21:30 h., aproximadamente, una Viaxe cultural polo Baixo Miño, co seguinte itinerario previsto:

- Tui
    Catedral, museo, conxunto histórico

- A Guarda
     Castro e museo de Santa Tegra

- Monasterio de Oia

- Valença do Minho

Castro de Santa Tegra

 Si está  interesado/a en participar nesta actividade, rogamos o comunique por calquera medio á Asociación (teléfono do Museo, 982-314-255), antes das 20 h. do día 30 de setembre para, si hay suficientes persoas interesadas, organizar con tempo   viaxe.

 

    A Asociación organiza para o domingo 26 de abril de 1998, unha Viaxe cultural pola comarca de Trasdeza, no centro de Galicia, co seguinte itinerario previsto:

- Saída ás 9 da mañán da Avda. Ramón Ferreiro,
fronte ó instituto "Virxe dos Ollos Grandes"

- Lugo-Lalín-Silleda
     Visitando,se é posible, á necrópole megalítica de Oirós

- Paraxe natural do río Toxa
     Fervenza e cascada

- Mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro

- Comida, probablemente, en Bandeira

- Visita ó Pazo de Oca

- Torre de Cira e igrexa de S.Salvador de Camanzo

- Regreso por Vila de Cruces e A Golada

Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro

    Nesta ocasión a excursión faise conxuntamente coa Asociación Cultural "Valle-Inclán" de Lugo, coa que noutras ocasións xa temos colaborado.

    Os socios que queiran participar nesta actividade deberán comunicalo ó Museo, antes das 20 h. do luns 20 de abril.

 

     A Xunta Directiva da Asociación agarda propostas de Viaxes de 2 ou 3 días de duración que poidan ser realizados, se existe suficiente número de persoas interesadas en participar. A este respecto, recórdase que está pendente de realización unha Viaxe polo Norte de Portugal, visitando Braga, Guimarâes, citanias de Briteiros e Sanfíns, etc.

Voltar