ESCAVANDO O CASTRO DE VILADONGA EN 2008
AVANCES INFORMATIVOS
Emilio Ramil, arqueólogo
También en español



Castro de Viladonga, 21 de xullo de 2008

O 21 de xullo do ano 2008 iníciase a campaña de escavación arqueolóxica e consolidación no Castro de Viladonga, Castro de Rei-Lugo. Os traballos arqueolóxicos prolónganse ó longo de 5 meses.

A Consellería de Cultura e Deporte, que financia a intervención, adxudicou a BIC, materiales y conservación S.L., a realización dos traballos arqueolóxicos.

A escavación arqueolóxica enténdese como unha continuación da campaña realizada nos anos 2006 e 2007 que permite afondar no coñecemento de dous sectores do castro, a croa e a entrada ó interior do recinto habitacional. Neste sector o obxetivo da intervención é completar a continuación do acceso, a través do corredor arquitectónico monumental á croa do castro, exhumando totalmente o camiño empedrado orixinal.

No sector da croa é necesario completar, cunha escavación en área a investigación iniciada no novo barrio, parcialmente exhumado, con recuperación completa dunha estrutura habitacional e parte doutra habitación adosada á misma. A actual intervención permitirá comprobar si se unen ó paramento interno da muralla seguindo a tipoloxía urbana da zona noroeste da croa. A consolidación ten como obxetivo a recuperación do Barrio cental da Croa.



Castro de Viladonga, 5 de agosto de 2008

Continúa a campaña de intervención arqueolóxica no Castro de Viladonga (Castro de Rei-Lugo), simultaneando a escavación e a consolidación das estruturas do Barrio Central. A escavación arqueolóxica centra a investigación en dous sectores, a entrada principal a través dun corredor arquitectónico monumental e a croa có novo barrio que se está exhumando e a ronda sur da muralla, así como a ronda norte da muralla.

No referente ao sector da entrada exhúmanse a continuación do camiño empedrado que dá acceso ó interior do recinto habitacional. Sigue alternando pedras de mediano e pequeno tamaño de xisto, con presenza dalgún seixo. A lonxitude recuperada nestes momentos, este-oeste, é de 9 metros cunha anchura de 2,50 metros. Recuperamos parte dunha canle de drenaxe apreciándose dende o batente esquerdo da porta exterior, en dirección este-oeste, e posiblemente sitúase baixo a muralla. Na ronda leste da muralla recupérase a continuación do muro que separa o intervalum, espacio entre a muralla e o recinto habitacional. Nestes momentos recupéranse 10 metros de lonxitude, continuando baixo o perfil, dirección sur-norte, recuperándose igualmente unha alineación de pedras e seixos que sinalan o camiño da ronda norte, así como un furado de poste, indicio dunha posible cuberta a unha auga, que é necesario confirmar no futuro.

Na ronda sur da muralla continúa a escavación da habitación nº 2 do novo barrio, retirando o derrube das paredes de mampostería, separandoo do derrube procedente da muralla.

Entre o material ergolóxico saen algúns anacos de cerámica, dous numismas, e dúas fichas de xogos.

 

Acceso a os traballos de consolidación

 

ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA E CONSOLIDACIÓN

Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), xullo - decembro de 2008


Home