AVANCES INFORMATIVOS SOBRE OS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DE VILADONGA EN 2007
Texto de Emilio Ramil, arqueólogo
También en español



Castro de Viladonga, 4 de xullo de 2007

Iniciamos as escavacións no Castro de Viladonga.

Esta campaña do ano 2007 céntrase en dúas áreas:

A) Área 1: Sector da Muralla. O obxetivo deste sector é definir o acceso dende a cota orixinal, a partir do primeiro foxo, entre os bastións da Muralla, a través do empedrado orixinal, ata a Croa. Para acadar este obxetivo plantéxase a escavación de 4 cadros de 5x5 metros, en total 100 metros cadrados.

B) Área 2: Sector da Croa. O obxetivo é definir a continuación do camiño de acceso dende a Muralla ata a Croa, e completar a escavación da primeira vivenda da Croa, exhumada parcialmente na campaña do 2006.

Para acadar este doble obxetivo plantéxanse 6 cadros de 5x5 metros, en total 150 metros cadrados. A intervención arqueolóxica iniciouse o 3 de xullo e prolongarase durante un mes.



Castro de Viladonga, 18 de xullo de 2007

Os resultados iniciais da escavación arqueolóxica no Castro de Viladonga, campaña 2007, son innovadores no sector da Muralla. Comprobamos que os muros laterais que crean o corredor de entrada hacia a Croa, na muralla, continúan igualmente en dirección oposta, é dicir, hacia o foxo e parapetos exteriores.

É necesario continuar a escavación, pero podemos plantexarnos xa a hipótese dun camiño de acceso flanqueado polos muros laterais da estructura defensiva, có foxo a ambos lados.

No sector da Croa, continuamos exhumando a vivenda descuberta na campaña do 2006. Apréciase a súa tipoloxía, rectangular de esquiñas redondeadas. Recuperamos ó iniciar a escavación do derrube procedente das paredes dos muros, varios numismas, concretamente 14 bronces, 3 anacos de vidro e algún fragmento cerámico.

O día 17 de xullo, incorporouse á escavación 14 alumnos e 3 monitores dun campo de traballo que ven a colaborar na escavación arqueolóxica gracias a un convenio entre a Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia. O campo de traballo está dirixido por Xan García Rodríguez da empresa Insulae S.L., que xa colaboraron nos traballos arqueolóxicos realizados na campaña do 2006.



Castro de Viladonga, 31 de xullo de 2007

Continúa a campaña de escavación arqueolóxica do ano 2007 no Castro de Viladonga aportando novos datos relacionados cós dous sectores da intervención arqueolóxica. No sector da Muralla quedan definidos ó largo de 10 metros dirección Leste-Oeste, os paramentos internos dos muros que flanquean ó acceso ó interior do recinto habitacional. Ó tempo exhúmase, a 2,90 metros dos couzóns da porta, recuperados na anterior campaña, dous novos couzóns enfrontados, dunha nova porta, cunha peza lítica central, circular cún rebaixe lonxitudinal para encaixar un rastrel. O ancho do camiño de acceso empedrado, neste punto, é de 3,10 metros escavándose ata unha profundidade de 85 cm.

O material recuperado neste sector é basicamente cravos de ferro, parte dun muiño, anacos de tella e dous fragmentos de terra sigillata.

No sector da Croa complétase a definición estructural da vivenda rectangular de esquiñas redondeadas, arrancando de duas das esquiñas situadas ó sur dos muros en dirección ó paramento interno da Muralla que forman parte dunha nova habitación.

O material arqueolóxico recuperado có derrube das paredes internas da vivenda, é terra sigillata, cerámica común, vidrios de diferente calidade, e, ata o momento, 295 numismas de bronce, que forman o tesouriño da construcción, ven acompañado de parte dun cacharro no que estaban depositados, que caen co derrube do paramento interno da vivenda. Ó tempo neste sector da escavación quedou definido o camiño interior hacia a ronda esquerda da Croa, entre a nova construcción exhumada, e a vivenda con vestíbulo que se está rematando de escavar.

[máis información]

 

ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA E CONSOLIDACIÓN

Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), xullo - agosto de 2007


Home