AVANCES INFORMATIVOS SOBRE OS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DE VILADONGA EN 2006
Texto de Emilio Ramil, arqueólogo
También en español



Castro de Viladonga, 26 de xullo de 2006

Os obxectivos fundamentais desta campaña, ano 2006, son:

1 - Definir o acceso a través de foso e muralla, na zona habitacional do castro.

2 - Completar a escavación da estrutura exhumada no antecastro, no ano 2003.


Os inicios da escavación, completada a primeira semana e parte da segunda, permitiron exhumar os paramentos internos da muralla, na zona correspondente aos dous bastións que delimitan o acceso ao interior da croa.



Castro de Viladonga, 1 de agosto de 2006

Rematada a primeira quincena de escavación arqueolóxica no Castro de Viladonga, queremos destacar a exhumación de parte dunha vivenda rectangular de esquinas curvas, recuperándose entre a derruba interior das paredes, unha moeda de bronce, un alfinete e algún fragmento de cerámica.

Continúa a escavación do acceso á croa a través dos dous bastións da muralla, así como do antecastro.

O dia 2 de agosto chega a segunda quenda dos estudantes que colaboran na intervención arquelóxica grazas ao campo de traballo organizado pola Dirección xeral de Xuventude e Solidaridade da Xunta de Galicia para esta actividade do Museo do Castro de Viladonga.



Castro de Viladonga, 15 de agosto de 2006

Continúan as escavacións arqueolóxicas no castro de Viladonga. Na parte onde localizamos parte dunha vivenda de esquinas redondeadas encontrouse un pavimento "in situ" de arxila amarela moi compactada que ten un grosor de 6 cm. e estaba selado pola derruba procedente das paredes da estrutura. Recuperouse material ergolóxico moi variado como cerámica común, unha fíbula en omega, un botón, algúns numismas de bronce, e un de prata, ademáis dun fragmento de ouro que formaría parte dunha xoia castrexa. Unha parte do pavimento estaba moi alterado, e rebaixouse, detectándose dous momentos de ocupación da vivenda.

Todos os materiais son tratados nas instalacións do Museo e nestes traballos colaboran os participantes do campo de traballo, coordinados pola restauradora do Museo do Castro de Viladonga.

O vernes, 14 de agosto, finalizou a colaboración da segunda quenda do campo de traballo e organizouse un xantar de despedida agradecéndolle aos participantes o labor realizado durante a campaña de escavación arqueolóxica.



Castro de Viladonga, 22 de agosto de 2006

O 20 de agosto finalizou a escavación arqueolóxica no castro de Viladonga, iniciándose a restauración da muralla exhumada e dun barrio do recinto habitacional, así como a limpeza e desbroce da vexetación.

O resultado final da escavación arqueolóxica foi moi positivo aportando novos e interesantes datos para o xacemento, tanto desde o punto de vista da investigación como da valorización patrimonial.

A intervención centrouse en dous sectores, a área da muralla e o antecastro. O sector da muralla deu como resultado a recuperación do acceso orixinal cunha anchura de 3 metros, entre paramentos internos da estrutura defensiva, escavándose aproximadamente 17 metros entre os bastións e a primeira vivenda da croa, detectándose os rebaixes situados aos dous lados da muralla onde estaría localizada a porta de madeira que pechaba o recinto principal.

A escavación realizada no sector do antecastro permitiu a exhumación de dous muros en ángulo que son o peche da estrutura rectangular de grandes dimensións localizada ao lado do camiño de acceso á croa, así como a recuperación do muro de peche da estrutura parcialmente escavada no ano 2003, rota en boa parte pola construción mencionada anteriormente, constatándose dous momentos diferentes de ocupación no antecastro, aínda que sólo o estudo detallado de todos os datos aportados pola intervención arqueolóxica permitirán a adscrición cronolóxica e funcional das diferentes estruturas.



Castro de Viladonga, 31 de agosto de 2006

A próxima semana rematará a última fase de intervención arqueolóxica no Castro de Viladonga, campaña 2006, coa consolidación e limpeza da vexetación no xacemento.

Consolidouse un barrio da croa, concretamente duas vivendas anexas e os dous paramentos da muralla na zona do acceso ao recinto habitacional, exhumados durante a escavación arqueolóxica.

O criterio da consolidación, definido no proxecto autorizado pola Dirección xeral de Patrimonio Cultural, consiste en sanear a mampostería dos muros das vivendas, retirando a pedra degradada e repoñéndoa por pedra nova ata a altura orixinal. Os materiais utilizados para a consolidación son compatibles cos orixinales e sempre realizando a mínima intervención. Utilízase un elemento diferenciador entre a parte orixinal e a reconstruida. Na cabeceira dos muros colócase un elemento de protección para illalo da auga e o seus efectos de deterioro, consiste en poñer lousas seladas enriba da cuberta vexetal. Esta protección realízase tamén nos muros descubertos nesta campaña.

A muralla reconstrúese en altura, por seguridade para soportar o reenchido interior, levantando ringleiras de mampostería de 1,54 metros de altura ao largo dunha lonxitude de 15 metros, desde unha altura orixinal mínima de 24 centímetros ata a altura máxima necesaria de 1,54. Debemos sinalar que entre estos paramentos será o acceso ao castro dos visitantes polo que a restitución debe garantizar a maior seguridade en dito acceso.

O desbroce e limpeza da croa, os antecastros, fosos e murallas realizouse como nos anos anteriores con maquinaria adecuada e manualmente.

[máis información]

 

ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA E CONSOLIDACIÓN

Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), xullo - agosto de 2006


EQUIPO ARQUEOLÓXICO

Víctor Tomás Botella(Director)

Begoña Albertos Figueroa
Isabel Cabrera Tilve
Eva Castro Vigo
Emilio Ramil González
Alexandre Sinde Vázquez



CAMPO DE TRABALLO

Xoán García Rodríguez (Director)


Primeira quincena (17-31 xullo)

Monitores
Marta Domínguez Tenreiro
Montse Pena Presas
Eva Valiño Bouzas

Participantes
María Álvarez Muñiz
Paula Arias Rivas
Fernando Avendaño Allén-Perlins
Juan Pablo Barahona Gómez
Andrea Bustamante Salcines
Juan Bautista Cañadillas Gómez
Casandra Carballo Rivero
Maria Casas Nogueira
Álvaro Fernández Ramos
Vanesa Filgueiras Lavariñas
Teresa Gallego del Río
Iris Gil Botana
Ana Lafuente López
Adrián Llovell Portellano
Guillermo Matilla Muñoz
Aiur Menika Cervero
Sara Navazo Sáez de Arregui
José Luis Peña García
Eduardo Rueda
Estela Sánchez González
Daniel Sánchez Rius
Santiago Serrano Atencia
Andrés Valencia Bustamante
Víctor Vertedor Cisneros
Nuria Vidales


Segunda quincena (1-15 de agosto)

Monitores
Raquel Quintenla López
Cristina Vázquez del Prisco
Diego Villar Dobal

Participantes
Lura Abarca Ipas
Uxía Aguiar Ballesteros
Sergio Alonso Muñoz
Sergio Garrigues Pinazo
Luisa Mª Gil Sáenz
Maria de Gracia Guerra Mazarro
Eva Manzano Capel
Jesús Martínez Castroverde
Mª Eugenia Martínez Martínez
Javi Matas Corral
Pilar Palomino Alcántara
Flori Pérez Angel
Mariló Prada Rioja
Catarina Quintana Martínez
Vicent Roca Taberner
Mª Dolores Sáenz Pajares
José Miguel Sáez Ortega
Naiara Suances Escanciano
Oscar Tarazona Campos
Gina Tauste Martínez

 




Home