CONSOLIDANDO O CASTRO DE VILADONGA EN 2008
AVANCES INFORMATIVOS
Marta Díaz Fernández - Gonzalo Buceta Bruneti
También en español



Castro de Viladonga, 21 de agosto de 2008

TRABALLOS PREVIOS

Antes de comezar as tarefas de conservación propiamente ditas, se levaron a cabo uns traballos previos de acondicionamento do acceso ao castro, para evitar posibles molestias ocasionadas polo paso dos visitantes durante as escavacións arqueolóxicas: realizáronse unhas escaleras de madeira para reconducir ao público por unha ruta alternativa sobre as murallas, evitando así o paso pola porta de entrada das mesmas en cuxo pavimento estan a escavar. Tamén se realizou un cartel indicador deste acceso e outra pequena escaleira escavada no pequeno terraplén que conduce ás murallas.

FICHAS DE DIAGNOSIS DE ESTRUCTURAS Y DEBUXO DE MUROS

A zona sobre a que se vaI a actuar corresponde ao Barrio Central.

Un paso previo a calquera intervención, é a realización dunhas fichas de diagnosis de cada estrutura sobre a que se vai a actuar, para elixir así o método de traballo que máis se adecue a cada unha delas. Para iso, dáse un nome e un código determinado ás estruturas que facilite a súa identificación, tendo en cada ficha, por así dicilo, o "historial" desa estrutura onde se anotan tanto as patoloxías observadas como os tratamentos aplicados, igual que se dun paciente tratásese.

Unha vez cubertas estas fichas, efectuáronse tamén debuxos dos muros sobre os que se van a realizar diferentes tratamentos: desmonte e montaxe, recalces, retacados, substitución de fiadas, etc.

PROBAS DE DOSIFICACIÓN E COR DO MORTEIRO A ELEXIR PARA A RESTAURACIÓN

Como nas casas do castro existen dúas cores de morteiro: avermellado e ocre, realizáronse varias probas de argamasa para conseguir ambas cores. Os criterios predominantes para a elección desta argamasa foron principalmente dúas: lograr unha dureza e adhesión suficientes e lixeiramente maiores que as do morteiro orixinal de barro, e conseguir unha cor o máis similar posible ao mesmo.

O material empregado para a confección desta argamasa foi cal hidráulico natural pura NHL5, e area de granulometría fina exenta de sales e de cor amarela claro. Para dar cor empregáronse pigmentos inorgánicos: ocre e siena para os amarelos, sombra tostada para escurecer, e para dar un ton avermellado terra de kassel.

A proporción cal / area definitiva sería 1:8. Engadiuse a esta formulación unha pequena cantidade dunha resina sintética (Primal) para facilitar a adhesión e fixar o pigmento mellor.

Todos estos ensaios realizáronse in situ sobre placas de lousa e deixáronse á intemperie no recinto do castro para ver como se comportaban nas mesmas condiciones que os orixinais.

TRATAMENTOS EFECTUADOS SOBRE O "ESPAZO 7"

Nesta estrutura, dado o mal estado de conservación en que se achaba, foi na primeira onde se interveu. Os tratamentos realizados ata o momento, a grandes liñas, foron os seguintes:

Debuxo previo do muro.

Entibado de madeira para suxeitar a parte sa que non se vai a desmontar.

Limpeza da cabeceira.

Desmonte parcial.

Montaxe parcial e colocación de tubo de drenaxe.

Cubrición con lousa, e sobre estas o tepes (manto vexetal) orixinal da cabeceira.

Durante as tarefas de desmonte descubriuse un muro novo que estaba encostado e que é anterior ao do "Espazo 7" en que estamos traballando.

Outra sorpresa foi a aparición durante o desmonte, dunha fiestra no extremo que une o muro S do "Espazo 7" co "Espazo 8"

PROBAS DE CONSOLIDACIÓN EN MUROS

Outra tarefa que se realizou consistiu nunhas probas de consolidación para muros que estean bastante ben pero coas argamasas debilitadas. Esta proba efectuouse no muro N do "Espazo 5". O procedemento foi o seguinte:

• Realización duns orificios no muro, con axuda dun trade, separados entre si uns 60 cm.

• Corte dun tubo flexible nuns anacos de tamaño determinado, e perforación dos mesmos cada 5 cm aprox. O obxecto destas perforacións é que o consolidante se fíltre por igual e non se acumule no fondo do muro.

• Introdución dos tubos polas condutos efectuados no muro e recorte da parte sobrante.

Aplicación do consolidante elixido.

Este método é sinxelo e cunha mínima intervención sobre as estruturas. Estes tubos irían tapados co mesmo tipo de cuberta que o resto das cabeceiras (laxas de lousa e tepes por riba) e permitirían os labores de mantemento dos muros, podendo efectuar as consolidacións pertinentes cando fose necesario, só habería que retirar a cuberta e aplicar o consolidante.

ENTIBADO PROVISIONAL DUNHA ESTRUTURA RECENTEMENTE ESCAVADA

A petición do arqueólogo director, efectuouse un entibado de "urxencia" nun muro dunha estrutura recentemente escavada para evitar o seu posible derrube durante os traballos arqueolóxicos.

RECALCE PROVISIONAL DOS CIMENTOS DA MURALLA DE ENTRADA

Outra tarefa solicitada pola empresa encargada dos traballos arqueolóxicos, foi un recalce provisional dalgúns paramentos da muralla de entrada ao castro, que corrían perigo de desmonte. Unha vez finalizadas as escavacións, preténdese rematar estes traballos reconstruíndo a liña de cimentación do muro con pedra similar ao orixinal e diferenciando sempre este de a reconstrución.

 

Acceso a os traballos de escavación

 

EXCAVACIÓN ARQUEOLÓGICA Y CONSOLIDACIÓN

Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), julio - diciembre de 2008


Home