Páxina anterior

Páxina seguinte
     Oíndo estas historias, Caelio foi comprendendo como a vida mudara dende a época en que na Gallaecia non había máis que castros para vivir. Agora, el dábase conta que había máis sitios onde a xente se instalaba e traballaba, espallados polo territorio que, desde que el recordaba, formaba parte dun Estado que dirixía desde moi lonxe, -desde Roma, no Mare Nostrum- un emperador que chamaban Diocleciano.
Puido comprobar, ademais, que moitas das ferramentas, dos costumes e das formas de vida no Castro existían desde tempos moi antigos, pois o seu avó xa as lembraba de cando el era neno.