Páxina anterior

Páxina seguinte

- Pois logo, se case todo o faciades vós aquí, non tiñades que ir ás tendas coma nós para mercar comida, olas, teas, xerras e cuncas...
- Era doutro xeito. Lembro que, cando eu era aínda un cativo, chegaban mercaderes que viñan de Lucus, de Brigantium ou de máis lonxe, traendo cousas feitas fóra de aquí para cambialas por outras que tiñamos ou que faciamos nós. Pero agora utilizamos máis as moedas para mercar vidros, ou pezas para adornar ás mulleres -e tamén ós homes-, ou algunhas ferramentas especiais, ou vasos e pratos dun barro moi arrubiado que fan fóra da Gallaecia, e outras cousas que xa case non recordo.