PREFACIO

A Asociación de Amigos do Museo arqueolóxico do Castro de Viladonga no seu afán de promover e divulgar todo o relacionado co mundo dos Castros de Galicia, pon en marcha a revista e-CASTREXO.

Esta publicación electrónica contén artigos seleccionados co criterio de pertencer ó mundo dos Castros, con independencia a sua adscripción cronolóxica, e dicir, sexa da Cultura Castrexa propiamente dita, sexa da etapa galaico-romana, ou incluso doutra diferente, pero sendo esta relación cos castros da antiga Gallaecia (entre os ríos Navia e Douro), a referencia obrigada no ámbito da publicación.

Inicialmente preséntanse no idioma orixinal de publicación. Malia que os títulos dos artigos aparecen no idioma da navegación da Web, non significa que estean traducidos; só é unha referencia sobre o seu contido.
O idioma de cada artigo será o da bandeira do país correspondente: Esperamos traducilos todos ó galego, español e inglés.

Aproveitamos así os recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías para ensaiar unha nova forma de comunicación que permita unha mellor asimilación de datos e informacións de carácter científico e cultural, utilizando rápidas e claras referencias ós materiais mencionados nos artigos, e incluso ampliando as ilustracións que orixinalmente aparecían na edición impresa. Tarefa, esta última, que a edición electrónica permítenos realizar a posteriori (segundo novos artigos inclúan novos materiais susceptibles de ser referenciados ou paralelizados cos anteriores) co cal irán enriquecendo paseniñamente a información, ó tempo que permite reducir o grao de erudición necesario para unha mellor asimilación da mesma.

CONTACTE CON NÓS

A Asociación de Amigos do Museo arqueolóxico do Castro de Viladonga espera os seus traballos sobre a temática da revista. Se xa ten algo publicado na rede e quere incorparalo en e-CASTREXO mándenos un correo electrónico coa URL. Só lle pedímos que nos permita seleccionalo dependendo da calidade do mesmo.
Estes artigos estarán identificados mediante os seguintes icóns:

Ficheiros html:

Ficheiros pdf:

 

SUSCRICIÓNS

Informamos sobre novos artigos, traduccións, inclusións de novas ilustracións, etc.



Envíanos un e-mail hospitalis.

e-mail hospitalis

Voltar

ARTIGOS