TESSERAE  y TABULAE

Tanto nas tesserae (que soen ser máis pequenas e de diversas formas e materiais) como nas tabulae (placas xeralmente de bronce e lisas, anque tamén as hai con decoración), aparecen inscripcións que expresan diferentes tipos de acordos ou compromisos entre persoas e/ou comunidades, a xeito de pactos que son ben coñecidos en toda e nosa historia antiga e nos que destaca a figura xurídica do hospitium, tanto indíxena como romano.

Nesta subscripción a e-Castrexo, queremos relembrar aqueles pactos realizados polos nosos devanceiros, utilizando o soporte da tabula achada en Monte Cido (Carbedo do Caurel, Lugo), cun acordo asinado no ano 28 d.n.E., baixo o control dos maxistrados Latinus e Aius, entre Tillegus, do pobo dos Susarri e os Lougei do castellum (castro) de Toletum (que non é o Toledo meseteño), establecendo para eles e os seus descendentes un pacto de hospitalidade e de "clientela"".