Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

Viaxes Culturais

2010. Viaxe ós castros do norte de Portugal: Briteiros, Sanfins e Monte Mozinho

Viaxe nº 22

VIAXE ÓS CASTROS DO NORTE DE PORTUGAL: BRITEIROS, SANFINS E MONTE MOZINHO

19 – 21 de marzo de 2010

PROGRAMA

VENRES 19:

- Saída de Lugo ás 8 h. con parada técnica en Ourense e paso pola fronteira de Tui

- Visita á Citania de Briteiros, antes ou despois do xantar, que se fará á altura de Braga

- Resto do día en Guimarães onde estará o aloxamento (Hotel de Guimarães, rúa Eduardo de Almeida).

SÁBADO 20:

- Pola mañá visita á Citania de Sanfins (Paços de Ferreira) e ó seu Museo anexo en Sanfins de Ferreira. Xantar por esta zona ou en Caldas de Vizela.

- Pola tarde, camiño de Guimarães, paso pola vila histórica de Santo Tirso.

DOMINGO 21:

- Visita á ‘Cidade Morta’ de Monte Mozinho (Penafiel) e xantar pola mesma zona.

- Pola tarde, se houbese tempo, visita á vila de Amarante e volta a Lugo pola fronteira de Valença do Minho – Tui.

 

 

Museo Sanfins Museo Sanfins. Patio

2011. Viaxe a Palencia

Viaxe nº 23

VIAXE A PALENCIA

1 – 3 de abril de 2011

PROGRAMA

VENRES 1:

Chegada a Palencia (prevista sobre ás 20:30 h. aproximadamente). Aloxamento no Hotel Eurostar Diana Palace e cea (por libre).

SÁBADO 2:

- Ás 9:45 h. visita (concertada) á igrexa prerrománica de San Juan de Baños de Cerrato.

- Ás 11:30 h. visita (concertada) á vila romana de La Olmeda (Pedrosa de la Vega) e posteriormente ó Museo Arqueolóxico de dita vila na antiga igrexa de San Pedro de Saldaña.

Xantar (libre) en Saldaña.

- Carrión de los Condes (mosteiro de San Zoilo, igrexas de Santiago e de Santa María del Camino)

- Igrexas medievais de Santa María de Villalcázar de Sirga e San Martín de Frómista.

Cea (libre) en Palencia.

DOMINGO 3:

A partir das 10 h. visita (concertada) ó Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Palencia (incluída a Cripta de San Antolín e o Museo –visita opcional-).

Xantar (libre) en Palencia e regreso a Lugo con parada técnica intermedia (Astorga).


La Olmeda. Palencia Carrión de los Condes. Palencia


2008. Madrid. Ampliación do Prado e Roma SPQR

Viaxe nº 21

MADRID. AMPLIACIÓN DO PRADO E ROMA SPQR

1 – 2 DE MARZO DE 2008

PROGRAMA

SÁBADO 1:

- Saída ás 7 h. de diante do Seminario.

- Ás 17 h. visita guiada ós novos espazos do Museo del Prado (entrada pola porta dos Jerónimos).

DOMINGO 2:

- Ás 10 h. visita á exposición Roma SPQR (Senatus Populus Que Romanus). Ó finalizar, saída hacia Urueña, para comer e visitar a vila antes de voltar a Lugo.

(Hai outras dúas exposicións de interese en sedes próximas ó Museo del Prado: La colección del Museo Nacional Picasso París, no Reina Sofía e Modigliani y su tiempo, repartida entre o Museo Thyssen-Bornemisza e a Fundación Caja Madrid).

 

Urueña Urueña. Muralla

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro