Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

ACTIVIDADES

A Noite dos Museos

Como complemento do Día Internacional dos Museos, o Consello dos Museos de Francia ideou a partir de 2004 a celebración da Noite dos Museos, no sábado máis próximo a aquela data do 18 de maio, coa finalidade de abrir os museos aínda máis á sociedade por medio dunha serie de actividades e eventos a realizar en horario vespertino e nocturno, é dicir, en horas pouco habituais para visitar estes centros.


Así, a Noite dos Museos, á que o Museo do Castro de Viladonga se uniu desde o seu comezo, converteuse nun atractivo máis para utilizar e deleitarse co patrimonio cultural, neste caso vinculado a un xacemento arqueolóxico, por medio de actividades sociais e culturais que axudan notablemente a aquela integración e sintonía entre o museo e a comunidade que o ICOM quixo e quere potenciar con estas conmemoracións.

 

· Noite dos Museos 2011

 

· Noite dos Museos 2012

 

· Noite dos Museos 2013

Os Valuros 2013 Xogos populares 2013

Caetra Lucensium 2013 Mini e Mero 2013

Queimada 2013 Os romanos no castro. 2013

 

· Noite dos Museos 2014

Mini e Mero 2014 Xogos populares 2014

Os Valuros 2014 Mago Rafa 2014

Queimada 2014 Noite no Castro 2014

 

· Noite dos Museos 2015

Noite dos Museos 2015. No Castro Noite dos Museos 2015

Noite dos Museos 2015. Os Valuros Miki Nervio + The Bluesmakers

 

. Noite dos Museos 2016

1. Xogos populares 2. Os Valuros

3. Barroenvivo 4. Cantata Vernácula

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro