Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

ACTIVIDADES

Día Internacional dos Museos

En 1977, o Consello Internacional de Museos (ICOM), organismo vinculado á UNESCO, decidiu dedicarlle un día (o 18 de maio, Día internacional dos Museos) a estes centros, para chamar a atención sobre os seus problemas e as súas necesidades e para difundir e espallar entre a sociedade o importante papel, non só patrimonial e cultural, senón tamén social e mesmo económico, dos centros museísticos de todo o mundo.

Desde entón, e escollendo cada ano un lema que fai referencia ás funcións, misións e valores específicos dos museos na transición do século XX ao XXI, esta conmemoración, de gran éxito e seguimento, serve para que as comunidades de todo o mundo se acheguen máis aos nosos centros, participando nas súas actividades e asumindo as súas preocupacións de cara a un mellor coidado e aproveitamento sostible do patrimonio cultural e natural conservado e/ou vinculado ás entidades museísticas.

 


Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro