Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

Novas

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. 2014
29/11/2014, Salón de Actos do Museo

O vindeiro 29 de novembro, sábado, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación correspondente ó ano 2014, ás 11’30 h. en primeira convocatoria e ás 12 h. en segunda e definitiva, coa seguinte Orde do día:


1.- Lectura da acta da asemblea anterior e aprobación, se procede.
2.- Estado de contas e peche do exercicio económico 2013-2014.
3.- Orzamento de ingresos e gastos previstos para 2015.
4.- Proposta - aberta - de actividades para 2015.
6.- Comunicados, rogos e preguntas.


Ó rematar farase o habitual xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo antes das 19 horas do luns 24 de novembro nos teléfonos 982 314 255 ou 982 314 194, ou polo correo electrónico amigos@aaviladonga.es.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN. 2013
18/12/2013, Salón de Actos do Museo

O pasado sábado 31 de novembro celebráronse, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, as asembleas ordinaria, correspondente ó ano 2013, e extraordinaria ás que estaban convocados todos os socios.

Na asemblea extraordinaria, en cumprimento do Artigo 26 dos Estatutos, procedeuse á elección dos cargos de vicepresidente, tesoureiro e un vogal, que recaeron respectivamente en Manuel Castro Losada, Mª Luísa Fernandez Bal e Carmen Ruiz Balado.

Coma todos os anos fíxose despois o habitual xantar de irmandade.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. 2013
30/10/2013, Salón de Actos do Museo

O vindeiro 30 de novembro, sábado celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación correspondente ó ano 2013, ás 11’30 h. en primeira convocatoria e ás 12 h. en segunda e definitiva, coa seguinte Orde do Día:

1.- Lectura da acta da asemblea anterior e aprobación, se procede.
2.- Estado de contas e peche do exercicio económico 2012-2013.
3.- Orzamento de ingresos e gastos previstos para 2014.
4.- Proposta - aberta - de actividades para 2014.
5.- Presentación e distribución entre os presentes da nova Guía do Museo e do Castro.
6.- Comunicados, rogos e preguntas.

Ó rematar haberá o habitual xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo antes das 19 horas do luns 25 de novembro nos teléfonos 982 314 255 / 982 314 194, ou polo correo electrónico amigos@aaviladonga.es.

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro