Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

O CASTRO

[pasa el ratón sobre los textos en mayúsculas coloreados]

 

 

Os traballos, iniciados a fins de xuño do 2012, consisten na restauración de tres áreas da croa do Castro, ademais dos traballos de limpeza e rozado de todas as partes do xacemento que son de propiedade pública.

 

A empresa adxudicataria dos traballos, que financia a Consellería de Cultura e Educación, é BIC. Materiales y Conservación S.L.L. e a dirección arqueolóxica corresponde a Emilio Ramil González, ademais do control continuo por parte do equipo técnico do Museo e a supervisión xeral do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia.

 

Nesta primeira fase actuouse en tres áreas:

- Espazo 1: tramo da muralla localizado no lado Norte da entrada Leste.

- Espazo 2: tres estruturas habitacionais no Barrio Norte.

- Espazo 3: Estrutura denominada “casa grande” por ser a construción de maior tamaño do castro, de uso comunal ou social.

 

As estruturas que compoñen estes espazos presentaban nalgún caso un grave deterioro, polo que se decidiu unha intervención de restauración integral para preservar a súa conservación,

 

A primeira intervención fíxose no Espazo 2 e consistiu na limpeza, marcado, desmonte e posterior restitución dos paramentos. Tamén se colocou unha drenaxe perimetral no espazo entre os muros e a muralla. Neste espazo a cota é superior á do interior das vivendas polo que a presión da terra e da auga acumulada provocaba deterioro e deixaba inestables os muros. Unha vez finalizada a restitución, procedeuse á colocación da protección na parte superior dos muros, con lousas e logo terróns vexetais.

 

No mes de agosto traballouse no Espazo 1, que corresponde ao tramo da muralla que remata na porta Leste e que precisou un desmonte parcial para corrixir unha deformación que tiña certo risco de derrubamento. A nova montaxe das pedras rematouse en noiro na parte superior para alixeirar o peso da terra e pedra da muralla.

 

Paralelamente acometéronse os traballos de limpeza e desmonte do Espazo 3 ou “casa grande”. A limpeza desta estrutura supuxo a descuberta de novidades respecto ao proceso da súa construción, pois no seu ángulo suroeste documentáronse os restos dun muro anterior, nun nivel inferior aos muros da “casa grande” e correspondente a outra construción quizais vinculada coa unidade habitacional lindeira.

 

Estes traballos de acondicionamento e consolidación continuaron todo o verán e remataron coa limpeza e rozado xeral do Castro.

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro