Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

O CASTRO

[pasa el ratón sobre los textos en mayúsculas coloreados]

Escavacións 1972-1975

En 1972 Chamoso Lamas empezou escavando o cuadrante NO da croa, onde se descobren restos de construcións de planta circular e cadrada. O material recollido xa parecía marcar a pauta do asentamento, xa que abundaba o de época romana (como un anel de ouro que Chamoso definiría como de “tipo bizantino”), ademais de cerámica diversa, fusaiolas, contas de colar, moedas, etc.


En 1973 a escavación de Chamoso chegou á parte central da croa, onde as construcións predominantes son de planta cuadrangular e dispostas xa con certa organización entre elas. Continuou o achado de abundante cerámica de distintos tipos (entre eles, sigillata hispánica), machados de pedra puída, obxectos de bronce, as dúas moedas de ouro de Arcadio (ademais de denarios de prata e semisses de bronce tardíos), contas de malaquita, e dous achados senlleiros: o machado de talón de bronce con catro anelas e un torques case xemelgo do aparecido en 1911.


A partir do ano 1975, os traballos arqueolóxicos de Chamoso (coa colaboración de Felipe Senén e de Felipe Arias) consistiron fundamentalmente no peneirado da terra procedente das anteriores campañas de escavación, aínda que tamén se habilitaron algúns accesos á muralla. Entre os últimos achados cómpre destacar un puñal de antenas e un taboleiro de xogo en pedra.


Ó longo de todos estes anos, o material exhumado no Castro foi moi abundante, en especial o cerámico de diversos tipos e variantes. Esta circunstancia de producirse tan numerosos achados daría pé para iniciar a construción dun edificio pensado para servir de museo monográfico do sitio.


Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro