Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

O CASTRO

[pasa el ratón sobre los textos en mayúsculas coloreados]

Caracterización do asentamento

O Castro de Viladonga, que destaca na paisaxe da parte NL da Terra Chá lucense, empezouse a escavar en 1972 (ata 1978 por M. Chamoso Lamas, e desde 1982 baixo a dirección ou supervisión de F.Arias Vilas) e continúan nel, de forma periódica, os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.

O xacemento é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste, con varias murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou aterrazamentos e unha ampla acrópole ou croa central. Neste recinto principal é onde se atopan a maioría das construcións descubertas ata agora: vivendas, currais e almacéns, algún edificio de uso social ou comunal,etc, agrupadas todas elas formando conxuntos ou "barrios" que se articulan en torno a dúas rúas principais e un camiño ou rolda paralela á muralla principal.

As estruturas defensivas e de habitación, así como os moi abundantes materiais que continuamente proporciona este xacemento arqueolóxico (e que se expoñen de xeito selectivo no seu Museo anexo), evidencian que o Castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e especialmente importante sobre todo entre os séculos II e V da nosa Era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.

 

 

 

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro