Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

ACTIVIDADES

Outras exposicións dispoñibles

O PROCESO DE RESTAURACIÓN DUNHA OLA CASTREXA

Esta mostra foi preparada polo equipo técnico do centro baixo a coordinación da súa restauradora Carolina Pérez Pérez.

Explica en seis paneis, cunha detallada información escrita e gráfica, as distintas fases do traballo de restauración realizado sobre 93 fragmentos cerámicos aparecidos nas escavacións arqueolóxicas feitas neste Castro por Manuel Chamoso Lamas nos anos setenta do pasado século. O paciente labor de restauración permitiu reconstruír a forma completa dunha gran ola castrexa de uso doméstico, para almacenaxe e cociña e duns 26 litros de capacidade, correspondente a un tipo cerámico utilizado no Noroeste durante varios séculos (polo menos entre o s. IV a.C. e o III d.C.).

O recipiente exponse, pois, por primeira vez nesta mostra e, ademais do seu interese arqueolóxico e da súa utilidade para coñecer os antigos procesos técnicos de fabricación, permite valorar o traballo que se realiza sobre un patrimonio ás veces moi fragmentario pero que ofrece sempre importantes informacións históricas engadidas ao seu valor propiamente cultural.

DO XACEMENTO Ó MUSEO. O proceso de recuperación patrimonial no Castro de Viladonga

Producida en 2004, informa (con textos, fotografías e debuxos) sobre as diversas fases de traballo que se realizan no Castro e no Museo.

Consta de 12 módulos que se converten en paneis autoportantes, cunha bandeirola extensible de 0'90 m. de ancho e 2'15 m. de alto, moi lixeiros e transportables, así como dunha vitrina exenta de 85 cm. de alto e 40 cm. de lado, para expoñer unha peza arqueolóxica e varios útiles de traballo arqueolóxico e museístico.

Precísanse uns 20 m. lineais para expoñela, pero poden reducirse facendo composicións cos paneis ou eliminando a vitrina.

AVES DA CONTORNA DE VILADONGA

 

En seis paneis enrolables expóñense os diferentes hábitats de aves nos arredores do Castro de Viladonga: os bosques e arboredas, a campiña, as casas e granxas e os campos abertos e outros hábitats.

 

Producida polo Museo do Castro de Viladonga, a investigación e os textos son de Augusto de Castro Lorenzo, Xosé Otero Meijón e Óscar Rivas López, da Escola Politécnica Superior da USC, Campus de Lugo.

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro